Skip to main content
Ribas de Sil

Ribas de Sil acolle un espectáculo cheo de humor

Por 20 Agosto, 2021Sin comentarios

Ribas de Sil recibe o espectáculo de narración oral Contos que foron chistes, un monólogo de Avelino González no que se tratan chistes actuais que veñen dunha adaptación de contos vellos.

A actuación celebrarase o sábado 21 de agosto no anfiteatro da praia fluvial de San Clodio. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas de seguridade correspondentes para poder gozar dun espectáculo de humor e de cultura.