Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXARibas de Sil

Contos a pé de rúa en Ribas de Sil

Por 21 Agosto, 2021Sin comentarios

Caxoto chega a Ribas de Sil co contacontos Contos a pé de rúa. O espectáculo está dirixido a un público infantil e celebrarase ás 19 horas no Anfiteatro da Praia fluvial de San Clodio, en Ribas de Sil.

O acto trata dun particular barrendeiro municipal que chega á praza para acometer a súa función pública co mellor dos ánimos. Ante a contrariedade de atopar a praza chea de xente, colga durante un intre a súa vasoira de xestas e disponse a compartir historias xogos e cantigas coas que facer participar activamente ó público presente.

Caxoto Contacontos seleccionará, entre o seu amplo repertorio de contos, aqueles que máis se axeiten ó público e ó lugar presente intercalando entre medias xogos e cantigas coas que involucrar a toda a familia.