O Concello do Saviñao oferta o venres día 3 de setembro o curso das abellas co profesor Alberto Vázquez para mellorar e preparar o enxame para as próximas estacións.
O espazo onde se levará a cabo a formación é a Casa da cultura de Escairón e será nun horario de 19 a 21 horas.
As persoas interesadas en realizar este curso, que ten carácter gratuíto, poden inscribirse no Concello do Saviñao ou chamando ao teléfono 982 452 061. Así mesmo, levarase a cabo o protocolo covid correspondente.
