Skip to main content
Paradela

A banda municipal de Paradela actuará en Ferreiros o próximo domingo

Por 25 Agosto, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Santa María de Ferreiros, parroquia do Concello de Paradela, acollerá un concerto da banda municipal de Paradela.

O día no que se levará a cabo será o domingo 29 de agosto e a xornada comezará a partir das 14 horas cun pasarrúas e, a continuación, realizarase o concerto da banda municipal da vila.

Este concerto entra dentro do programa Resoando no Camiño Francés e busca amenizar a xornada a través da música e dun ambiente festivo.