Skip to main content
Láncara

O programa Saborea a túa provincia chega a Láncara

Por 25 Agosto, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Chega a Láncara este sábado 28 de agosto o programa Saborea a túa provincia, no cal se levarán a cabo diversas actividades e actuacións co obxectivo de promocionar e incentivar o consumo dos produtos locais de calidade e dinamizar a economía dos municipios para acelerar a recuperación tras a pandemia.

As actividades, todas elas de balde, desenvolveranse na praza dos Labregos, na Pobra de San Xiao e comezarán con varios obradoiros de cociña dirixidos a nenos e nenas maiores de 6 anos. Así mesmo, ás 12.15 horas realizarase unha demostración culinaria e degustación.

Xa ás 13 horas, levarase a cabo unha charla informativa sobre a Galiña de Mos, que virá a cargo de Francisco Monasterio, presidente da Asociación de Criadores da Galiña de Mos (AVIMÓS) e Diego Rois, director técnico de AVIMÓS. A continuación, ás 13.30 horas, Val de Láncara ofrecerá unha animación musical.

Pola tarde, ás 18 horas está previsto o espectáculo do Mago Rafa. Os asistentes ás actividades poderán participar nun sorteo de produtos de proximidade da provincia de Lugo que se celebrará ás 19:00. Así mesmo, ás 19:30 terá lugar a actuación musical do grupo Jotinho’s.

Para finalizar esta xornada gastronómica e lúdica, ás 20 horas realizarase unha degustación de produtos de proximidade.

Todas as actividades do programa organizaranse atendendo ós protocolos sanitarios vixentes e o aforo será limitado.