Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O circuíto Comunidad de Golf comeza mañá en Sarria

Por 26 Agosto, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O circuíto de golf organizado por Comunidad de Golf volve a terras lucenses tras o seu paso por diferentes comunidades. Desta vez, chega ao campo de golf El Pilar de Sarria, que acollerá o 27, o 28 e o 29 de agosto unhas xornadas deportivas.

Os horarios varían dependendo do día, así pois, o venres comezarase a partir das 17.30, o sábado a partir das 17.30 horas e, finalmente, o domingo 29 a xornada comezará pola mañá, ás 11 horas, e continuará pola tarde, a partir das 17.30 horas.

Haberá tamén sorteos e un catering no buraco 9 onde se respectarán as medidas sanitarias e a distancia entre os xogadores e xogadoras. Así mesmo, o gañador/a contará cun trofeo exclusivo así como o acceso directo á final do torneo. Ademais, repartiranse trofeos especiais como o drive máis longo e o mellor approach.

Para máis información ou para inscribirse pódese contactar co número de teléfono 652 982 456 ou no enderezo electrónico golfsarria@gmail.com.