Skip to main content
Paradela

Paradela prepara unha actuación patrimonial para pór en valor o km 100

Por 3 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Paradela anuncia que se está prepando un proxecto sobre o Km 100 para darlle a valía que ten como emblema na zona. Desta maneira, o marco deste kilómetro de tanta relevancia, por ser o punto de partida mínimo para adquirir a compostelana, está situado nunha corredoira da aldea da Pena.

Con isto, dende o Concello están a amañar A Pena para recuperar o pobo tradicional que era e polo que pasa o Camiño Francés. Según o alcalde, José Manuel Mato, están pendentes de que as obras avancen para facer alí unha pequena actuación patrimonial e artística na que se reflexe dunha maneira máis clara a mouteira do kilómetro 100.

Polo momento aínda se está a traballar no propio pobo metendo o alumeado público, o servizo da auga, entre outras actuacións para recuperar un pobo con historia e do que parte, na actualidade, o fito dese kilómetro tan buscado.