Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O CB Sarria colabora coa Cruz Vermella a través dun vídeo

Por 8 Agosto, 2021Agosto 9th, 2021Sin comentarios

O CB Sarria colaborou cunha iniciativa da Cruz Vermella da vila a través dun vídeo dun dos equipos das categorías inferiores do femenino. A iniciativa realizouse para seguir traballando por encher os fogares máis vulnerables de compañía e benestar, obrando pola integración laboral e pola loita pola vida e a saúde.

Para iso, puxéronse á venta entradas para unha cea virtual que cumpre xa a XXI edición. Nela participábase no sorteo de ceas organizadas por restaurantes da comarca de Sarria. Así pois, os gañadores foron: a tarxeta número 236, a tarxeta número 046 e a tarxeta número 245.