Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O CB Sarria retoma os adestramentos a vindeira semana

Por 20 Agosto, 2021Sin comentarios

O Club de Baloncesto de Sarria retoma a súa actividade o vindeiro luns 23 de agosto. Desta maneira, comezan os adestramentos das diferentes categorías no novo Chanto de Sarria.

Dende o club sinalan que, vista a situación actual da vila e da comunidade, voltan á competición oficial que dará comezo en poucas semanas a causa das fases de ascenso a Liga Galega en algunhas categorías.

Volta, desta maneira, o baloncesto a Sarria nas diferentes categorías do club.