Skip to main content
O Incio

Paco Nogueiras trae un espectáculo musical ao Incio

Por 14 Agosto, 2021Agosto 15th, 2021Sin comentarios

Paco Nogueiras chega ao Incio para presentar o espectáculo musical Brinca Vai! De aquí a acolá. Este é unha actuación baseada no libro-cd-dvd Brinca Vai!, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

O músico e actor Paco Nogueiras vai nos seus espectáculos cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina” nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua son parte do repertorio. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.

A actuación levarase a cabo o vindeiro sábado 21 de agosto, ás 19.30 horas no local de usos múltiples da Cruz do Incio -antiga nave gandeira-.