Skip to main content
O Incio

A Quenlla realiza un concerto no Incio o domingo

Por 19 Agosto, 2021Sin comentarios

Continúan as actividades culturais no Concello do Incio. Desta maneira, o vindeiro domingo 22 de agosto A Quenlla realizará un concerto na praza de España da vila.

A Quenlla é un grupo musical que pon unha especial atención na cultura tradicional, asumindo como base a memoria colectiva e, como fundamento histórico, recuperala do abandono e do esquecemento, transmitindo unha versión de moitos feitos que poucas veces se contaron.

O concerto celebrarase ás 19.30 horas na praza de España. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.