Skip to main content
O Incio

Xa chega o IX Rally turístico Terras do Incio

Por 31 Agosto, 2021Setembro 1st, 2021Sin comentarios

Xa está moi preto o IX Rally turístico Terras do Incio que se celebrará do 1 ao 7 de setembro e do que se poderá gozar de paisaxes únicas e de lugares recónditos. Unha experiencia especial que une os coches clásicos con paisaxes da zona e coa gastronomía local.

Desta maneira, o Rally comezará en Monforte, o día 1 de setembro, coñecendo parte dos seus rincóns e gozando da súa comida na zona monumental. Así mesmo, tamén se visitará o museo do Ferrocarril de Galicia. Ao día seguinte, será o turno da Ribeira Sacra, unha zona espectácular onde hai miradores e vistas que non deixan indiferente a ninguén. Nesa xornada realizarase unha comida nunha área recreativa con piscinas naturais onde se poderá descansar e disfrutar de momentos máis tranquilos.

O día 3 tocará explorar a serra do Caurel e as Terras do Incio para, posteriormente, disfrutar dunha comida tradicional na pulpería pantano de Vilasouto. A continuación, poñerase rumbo hacia o Parador de Vilalba onde os participantes pernoctarán para visitar, ao día seguinte, as zonas máis típicas e espectaculares da Terra Chá.

Para finalizar, o domingo será o momento no que se partirá cara a costa, quedando pola noite no gran hotel La Toja onde están previstos percorridos especiais. Unhas xornadas para gozar dos coches clásicos e dos lugares máis impresionantes.