Skip to main content
Láncara

Mañá inaugúrase a ponte de Valdriz

Por 5 Agosto, 2021Agosto 6th, 2021Sin comentarios

A ponte de Valdriz, situada na estrada LU-621, reabrirá o paso do tráfico despois de catro meses pechada a causa das obras de renovación. A inauguración da ponte realizarase na xornada de mañá na que estarán presentes algunhas autoridades que revisarán os traballos realizados.

As actuacións que se levaron a cabo foron o ensanche da ponte -que pasa a ter dez metros de ancho, frente aos seis que tiña anteriormente- e a creación dunha senda peonil e ciclista.

As obras foron licitadas cun orzamento de case 730.000 euros, aos que se engaden 103.200 euros investidos no retranqueo e soterramento da liña de evacuación da hidroeléctrica de Valdriz. Así mesmo, considérase que esta ponte era un punto conflitivo no municipio polo que veciños e veciñas xa demandaran a realización dunha obras que o melloraran.

Para rematar todo o proxecto, vaise levar a cabo unha senda de 460 metros de lonxitude para que una a beirarrúa da Pobra de San Xiao coa urbanización de Valdriz.

A pesar disto, dende o Concello consideran que os traballos teñen que ir máis alá porque a ponte aínda presenta perigo para os condutores que a transitan, sobre todo para vehículos de gran capacidade.