Skip to main content
Láncara

A Asociación Val de Láncara ofrece actividades culturais esta fin de semana

Por 26 Agosto, 2021Agosto 28th, 2021Sin comentarios

A Asociación Cultural Val de Láncara acolle dúas actividades esta fin de semana. Así pois, o venres 27 de agosto será o turno dos seráns de música, cunha actuación do grupo de música e baile da propia Asociación.

O espectáculo realizarase ás 21 horas na praza do Lugar, en San Pedro de Láncara. Unha cita musical para dar por rematada a semana. Así mesmo, o domingo 29 de agosto chegará o cine na rúa, coa proxección de Ons, un drama psicolóxico galego dirixido por Alfonso ZarauzaO filme comezará ás 22 horas na área recreativa Manuel Fernández Arrojo.

Así mesmo, as actividades serán de balde e o aforo é limitado, polo que, coma sempre, é preciso enviar previamente os datos dos asistentes a asociacionvaldelancara@gmail.com ou a calquera membro da Asociación.