Skip to main content
Paradela

Adxudicadas as obras de acondicionamento do viveiro de empresas de Paradela

Por 25 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Paradela firmou no día de hoxe o contrato de adxudicación do inicio das obras de acondicionamento, reforma, equipamento e interior da nave municipal para viveiro de empresas, por un importe de 280.962 euros.

Así pois, a empresa adxudicataria é García y Sánchez de Melide S.L., elexida despois de que o anuncio da obra salira a licitación no pasado mes de xullo e de entregar a documentación correspondente.

Ademais, a empresa contará cun prazo de execución das obras de 75 días unha vez iniciados os traballos.

O obxecto desta obra é crear espazos funcionais que conten con moita superficie diáfana e dispoñan de recepción, vestiarios e aseos, entre outros servizos, para ofertalos a novas firmas que dean os seus primeiros pasos neste polígono.