Skip to main content
Sarria

Abre o prazo de inscrición para a base da SD Sarriana

Por 5 Agosto, 2021Agosto 6th, 2021Sin comentarios

A SD Sarriana abre o prazo de preinscrición para anotarse nas categorías de fútbol base.

Unha vez rematada a pasada tempada e entrado xa o mes de agosto, os equipos están a planificar o inicio de todas as categorías e os xogadores e xogadoras cos que se contan nun primeiro momento. Por iso, dende a Sarriana queren comezar con este proceso a través da realización dunha preinscipción nas redes sociais do club.

A SD Sarriana é un equipo involucrado na base ao que lle gusta traballar na escola de fútbol base para que, xogadores cos que leva contando durante as categorías inferiores, poidan chegar ao primeiro equipo.