Skip to main content
Sarria

Concerto no Buril de Sarria o 26 de agosto

Por 7 Agosto, 2021Agosto 9th, 2021Sin comentarios

O Buril de Sarria acolle o vindeiro xoves 26 de agosto a única actuación en Galicia de Myroslav Levytsky, un pianista, compositor e produtor clásico de Ucraína que ofrecerá un concerto cheo de sentimento.

Así pois, o músico ucraíno realizará unha xira por España no seu European Tour 2019-2021 nestes meses de agosto e setembro nos que actuará por Zaragoza, Valencia e Denia, entre moitos outros lugares, parando tan só nunha ocasión en Galicia.

O recoñecido produtor, líder do popular grupo Braty Bluzu, ten a habilidade de desenvolver sons orixinais continuando coa herdanza romántica do estilo do piano da súa terra, así coma crear un ambiente distendido.

O concerto será ás 22 horas no Buril de Sarria onde presentará dous dos seus traballos, Elegant Dualism e In Piano. O primeiro deles, está composto por sete cancións e publicouse no ano 2014, mentres que o segundo, foi publicado no 2017. Así pois, son dous discos diferentes nos que se desenvolven xéneros diferentes, o jazz e o dance respectivamente. A entrada é gratuíta e cumpriranse todas as medidas sanitarias correspondentes.