Skip to main content
Sarria

Novo horario na biblioteca Camilo Gonsar de Sarria

Por 13 Agosto, 2021Agosto 14th, 2021Sin comentarios

A biblioteca Camilo Gonsar de Sarria ten novo horario neste mes de agosto. Desta maneira, dende o día 9 de agosto ata o 10 de setembro -ambos inclusive- o horario será de 9 horas a 13.30 horas.

Pola tarde permanecerá pechada, sen embargo, poderanse realizar as devolucións no buzón.

Así mesmo, para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar no número de teléfono 982 53 07 23.