Skip to main content
Sarria

Sarria acolle a representación da obra Poeta en Nova York

Por 23 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Sarria acolle o vindeiro 24 de agosto a representación da adaptación da obra Poeta en Nova York, recomendada a partir de 16 anos. A cita levarase a cabo ás 22.30 horas na praza da vila -en caso de que o tempo non acompañe, realizarase na Feculera-.

A obra está a cargo do grupo Baixo da Area e é dirixida por Paloma Lugilde. Así mesmo, para poder asistir é preciso o emprego de máscara e o aforo será limitado por orde de inscrición.

Teatro Baixo da Area presenta unha adaptación teatral de Poeta en Nova York de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, nunha proposta escénica contemporánea, abordando as temáticas e os conceptos presentes no poemario dende a experimentación e a honestidade.