Skip to main content
Sarria

O PP de Sarria insta ao Concello a cambiar a ubicación do parque infantil de Oural

Por 24 Agosto, 2021Sin comentarios

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Sarria formulan para debater no vindeiro pleno unha moción na que instan ao Concello a que faga un estudo -consensuado cos veciños e veciñas- para transladar o parque infantil de Oural a outra ubicación.

Esta moción vén a causa de que o Concello de Sarria está a executar unha actuación para renovar e reubicar o parque infantil de Oural. Así pois, a reubicación fíxose na zona pavimentada do campo da festa de Oural, “o que fai menos espaciosa e operativa como recinto festivo e de verbenas”.

Por iso, o PP, despois de que “moitos veciños nos trasladasen o seu desacordo con dita actuación municipal”, pide ao Concello que cambie a ubicación das obras do parque xa que “hai que ter en conta que o Concello de Sarria conta nesa zona, cunha ampla superficie de terreo público, no que se podería haber consensuado dita actuación sen facer o destrozo que se lle fai á zona festiva”.

Por esta razón, consideran necesario o traslado do parque infantil e sinalan que a reubicación se pode realizar nesa mesma zona de terreos municipais onde se está levando a cabo pero sen perxudicar a pista do campo da festa do Oural.