Skip to main content
Triacastela

A cova de Eirós, a única en Galicia con pinturas rupestres

Por 7 Agosto, 2021Agosto 9th, 2021Sin comentarios

Triacastela é coñecida por ser un dos municipios polos que pasa o Camiño de Santiago, sendo final de etapa dende o Códice Calixtino. Sen embargo, hai outro aspecto do seu patrimonio de especial relevancia e algo menos coñecido por non estar, de momento, aberto ao público e ser relativamente recente. Trátase da cova de Eirós.

Esta cavidade subterránea, atopada na parroquia de Cancelo, no Concello de Triacastela, é unha cova prehistórica na que se localizaron as primeiras e únicas pinturas rupestres de Galicia, sendo comparada por iso, coas míticas covas de Altamira. A cova, recoñecida no 2019 coma Ben de Interese Cultural (BIC) e nomeada xacemento arqueolóxico, contará proximamente con arqueólogos que realizarán escavacións para un maior coñecemento da zona.

Ata o de agora, á cova atopáronselle pinturas rupestres con motivos zoomorfos, así coma máis de 4.000 pezas do paleolítico que poden contar cunha antigüidade de entre 35.000 e 85.000 anos. Así mesmo, conta con 22 metros de largo aproximadamente, que rematan nunha gran sala onde se atopan os paneis de arte rupestre documentados xunto con gravados nos que existe un amplo repertorio de liñas nas que destacan representacións figurativas e segmentos de animais, signos e paneis de liñas superpostas.

As actuacións levan realizándose dende o ano 2008 que comezaron. A entrada da cova foi onde se atoparon, principalmente, os materiais e os restos das ocupacións paleolíticas, mentres que no interior foi onde se localizaron as mostras de arte rupestre e gravados -realizadas con carbón vexetal como pigmento-.

Uns descubrimentos que a día de hoxe continúan investigándose e realizando escavacións co fin de atopar máis elementos de valor agochados nesa pequena vila de Triacastela.