Skip to main content
Triacastela

A iniciativa solidaria de Pedro Hidalgo chega a Triacastela

Por 16 Agosto, 2021Agosto 17th, 2021Sin comentarios

O andaluz Pedro Hidalgo foi recibido no día de onte pola alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias. Hidalgo é un docente que saiu de Alxeciras o día 1 de xullo para percorrer o Camiño de Santiago e recaudar, desta maneira, 30.000 euros para o desenvolvemento do software de predicción xenética RDengine.

Esta é unha ferramenta informática que facilita, acelera e mellora a eficiencia do proceso de diagnose. o andaluz está a realizar o Camiño Francés e parará en diferentes concellos lucenses para intentar conseguir axudas das institucións públicas. Algúns dos concellos son Pedrafita do Cebreiro, Triacastela -onde fixo parada no día de onte-, Sarria, Portomarín e Palas de Rei.

Unha iniciativa aplaudida que buscará máis axuda no tramo que queda para conseguir os máximos fondos posibles.