Skip to main content
Triacastela

Triacastela celebrou un San Mamede diferente con varias actuacións

Por 19 Agosto, 2021Sin comentarios

Triacastela celebrou o San Mamede con varias actuacións e actividades culturais. Desta maneira, veciños e veciñas gozaron dunha xornada lúdica e de ocio.

Así pois, o día xuntou maxia, música e exposicións. O espectáculo de maxia veu da man do Mago Antón coa súa proposta A volta a Galicia en 313 Concellos. 

Unha actuación que trouxo ilusión e humor nun día diferente, cheo de maxia para que os máis pequenos e os maiores gozaran dun espectáculo que chega a todos os recullos de Galicia. Así mesmo, a esta actuación sumouse o concerto da banda filarmónica de Lugo, que actuou na praza da Deputación.

Nesta mesma praza tamén se instalou a exposición de Kinétiko, unha mostra que inclúe oito pezas únicas, deseñadas e construídas polo titiriteiro Ero Vázquez, de Trécola, e do xogueteiro Manu Taboada, da Chintofanería, que se uniron no proxecto Xira Paus. Por outra banda, tamén se celebrou a misa de San Mamede na carpa instalada diante do Concello.

Uns festexos que se celebraron de forma diferente pero con actuacións e actividades variadas para todos os públicos e gustos, nas que primou a responsabilidade e as medidas de seguridade frente á covid19.