Skip to main content
Axenda TERRACHÁXAMeira

A Acea de Meira organiza para o sábado unha escape room

Por 12 Agosto, 2021Agosto 13th, 2021Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira, ACEA, organiza para o sábado 14 unha escape room baixo o nome A procura das reliquias do Císter.

Esta actividade dará comezo ás 17.30 horas na praza do Concello, a inscrición farase no momento de comezar a proba así como a entrega das pistas aos participantes.

Pódese participar de xeito individual ou en grupos de ata 4 persoas e debido á dificultade dalgunha proba, é recomendable para maiores de 16 anos ou menores acompañados.

Dende ACEA informan que todo o percorrido pódese facer andando e que hbeá que levar teléfono móbil con conexión a internet para ir cubrindo as diferentes etapas da proba e recopilando aspistas.

Haberá un premio en metálico para o gañador de 200 euros.