Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

Guitiriz acolle a entrega de diplomas da UNED Sénior

Por 2 Agosto, 2021Sin comentarios

Cun aforo limitado de 100 persoas, 97 alumnos e alumnas da Uned Sénior A Coruña das aulas de Guitiriz, Xermade, Monfero, Aranga, Paderne, Lousame, Brión e outros concellos do programa, gozaron dunha emotiva reunión de fin de curso.

O alumnado máis veterano do centro, procedente das diferentesa aulas que o programa Sénior da Coruña ten por toda a provincia, reuniuse en Guitiriz para recibir os diplomas deste curso 2020-21. O acto, que contou coa presenza de Marisol Morandeira, alcaldesa de Guitiriz e de Luís Rodríguez Patiño, coordinador da UNED Sénior da Coruña, así como representantes dos concellos de Lousame e Guitiriz, comezou ás 12:00 e alongouse ata as 17:30 horas.

A alerta sanitaria por coronavirus tamén fixo que este acto fose particular, cambiando o protocolo de cerimonias anteriores. Así, o alumnado permaneceu sentado, sendo os representantes políticos os que se achegaban a cada persoa para entregar o diploma e felicitarlles polo labor realizado durante este curso marcado pola pandemia.

Aproveitando que o día anterior conmemorábase o Día dos Avós, o alumnado presente realizou unha serie de lecturas de homenaxe ás nosas avoas e avós, coa que moitos dos presentes sentiron identificados. Mostra diso é a carta remitida por Xosefina Calvo Sánchez, que sempre relata as súas impresións sobre as diferentes actividades realizadas e axuda a coñecer como vive o alumnado esta experiencia.

Durante a tarde, nos xardíns do complexo hostaleiro, tivo lugar a actuación musical das distintas aulas de música, aproveitando a presenza de alumnado e profesorado que se desprazou a Guitiriz desde os seus respectivos concellos.