Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

Financiadas oito obras de abastecemento e saneamento en varios concellos

Por 17 Agosto, 2021Sin comentarios

Destinados 247.600 euros a financiar oito obras de abastecemento e saneamento nos concellos chairegos de Cospeito, A Pastoriza, Muras, Xermade e Begonte. En concreto, neste último destínanse 62.700 euros a dous proxectos: a mellora da rede de abastecemento municipal de auga potable nos depósitos de Santalla e Gaibor e o saneamento de Cobos.

As actuacións en Begonte permitirán dar servizo ao local social construído recentemente polos propios veciños así como a varias parcelas da zona, sen necesidade de bombeo; prevese que estean rematadas a finais do mes de outubro.

Augas de Galicia xestiona estas achegas para concellos de menos de 5.000 habitantes e o límite máximo é de 50.000 euros por actuación, sendo compatibles ambas liñas, para abastecemento e saneamento. De feito, na comarca tamén obtiveron apoios para executar dúas obras -unha en cada apartado- A Pastoriza e Cospeito.