Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

O CD As Pontes ficha once xogadores e dá de baixa 17

Por 3 Agosto, 2021Sin comentarios

O CD As Pontes deu conta da listaxe de novos xogadores, renovacións e baixas que terá o equipo durante a próxima campaña, na que volve a Preferente tralo seu paso durante dúas tempadas (unha interrompida pola covid) en Terceira.

O novo adestrador, o friolense Rafael Casanova cambiou totalmente o equipo. Así, comunicou a baixa de 17 xogadores, Adrián Martínez, Álex López, Artai Miraz, Borja Pita, Breijo, Dani Paxaro, Mitogo, David García, Bugy, Moya, Óscar Martínez, Pablo Fraga, Quique e Rubén Pardo. Ademais, finalizan o seu período de cesión Álex do Río (Rácing de Ferrol), Brais Vázquez (CD Lugo) e Iñaki Leonardo (Rácing de Ferrol).

Si renovarán tres, Berto, Paco e Vilela. “Agradecémoslles a todos eles o seu traballo e desexámoslles os mellores éxitos no seu futuro, tanto a nivel deportivo como persoal”, engadiu Xaime Castro presidente do club, no seu comunicado.

Por outra banda, tamén comunicou a chegada de once xogadores novos procedentes de equipos da comunidade autónoma. David Otero, do Santaballés, Dani Bellas, do Somozas; Toni Rodríguez, do Mugardos; Aitor Moreda, do Vilalbés; Javi Rey, do San Tirso; David Yáñez, do Cedeira; Brais Mariño, do Boimorto, e Martín Traba, da Sarriana. Ademais, únense Edgar López, que ascende dende o equipo xuvenil, e Sergio Criado e Iván Pérez.