Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Bos resultados no campionato de España de Piragüismo veterano para As Pontes

Por 18 Agosto, 2021Sin comentarios

A pasada fin de semana celebrouse no embalse de Pontillón de Castro (Verducido) o campionato de España de Piragüismo veterano, valedor para o campionato galego de veteranos.

Os resultados máis destacados dos padexeiros ponteses foron os de José Manuel García Bellas 4º no campionato de España no K-1 1000m e 3º no campionato galego na categoría máster de 50-54 anos; Antonio Polo Campello campión de España e Galego no k-1 1000m na categoría de 45-49 anos; Ernesto Gancedo Herreras 8º clasificado campionato de España e 7º no campionato Galego no k-1 1000m na categoría de 45-49 anos e Adrián Paz Alvariño 7º clasificado nos campionatos de España e Galego no K-1 200 na categoría de 35-39 anos.

Adrián Paz e Antonio Polo na categoría K-2 1000 quedaron subcampeóns de España e Galegos na categoría de menos de 50 anos; José Manuel García e Ernesto Gancedo na K-2 1000 m chegaron na 8ª posición no C. de España e na 7ª no campionato Galego.

Na K-4 1000 metros José M. García, Adrián Paz, Ernesto Gancedo e Antonio Polo conseguiron o 3º posto tanto no C. de España como no C. Galego.

Xa na clasificación xeral por clubs no campionato de España o Grupo Xuvenil acadou o 16º posto entre os 49 clubs participantes e o 9º lugar no campionato Galego entre os 21 clubs galegos que participaron na regata.