Skip to main content
BegonteDeportes TERRACHÁXA

Begonte cancela a carreira popular retrasada ata setembro

Por 27 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Begonte decidiu finalmente suspender a carreira popular, a que sería a quinta edición, que tiña previsto celebrarse o 11 de setembro no club fluvial de Begonte.

A carreira estaba só anunciada e aínda non se abriu a inscrición nin tampouco se sabían todos os detalles.

A situación epidemiolóxica é a causante deste novo retraso polo que esperan poder celebrala no próximo mes de xuño, na súa data habitual.

Memory: 150.7969MB (7.36% of 2048MB)