Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Ponte de Outeiro prepara unhas patronais con historia

Por 5 Agosto, 2021Sin comentarios

A comisión de festas de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, volverá celebrar este ano as súas patronais, aínda que xa anunciou que o fará dun xeito diferente, pero non todo será virtual. Polo de pronto, xa están a traballar na organización e para facer unha sorpresa para esta edición están a solicitar aos veciños imaxes do pobo , das festas, das casas e da xente.

Os que poidan colaborar deberán envialas ao teléfono 628 631 157 xa que queren este ano centrarse na historia do pobo. As festas patronais celébrase a primeiros de setembro e o ano pasado fixeron a celebración de forma virtual baixo o lema Se non hai festa, faise.