Skip to main content
CospeitoDeportes TERRACHÁXA

Cancelada a quedada Lagoa de Cospeito de setembro

Por 12 Agosto, 2021Sin comentarios

A organización da BTT Lagoa de Cospeito comunicou a súa cancelación para edición deste ano por mor da situación sanitaria. “Lamentamos comunicarvos a decisión tomada polo club de non facela. Debido a actual situación da pandemia, restricións, probas, etc. Preferimos agardar a unha situación de maior normalidade”, informaron.

Esta sería a cuarta edición dunha proba que se ía celebrar o 11 de setembro e que tampouco se puido celebrar o ano pasado debido á pandemia do coronavirus.

As primeiras edicións tiveron unha gran aceptación por parte dos deportistas, que fixeron un percorrido por carballeiras e camiños de varias parroquias do concello, incluindo tamén sendeiros pola beira do río Támoga.