Skip to main content
Guitiriz

A contorna natural dos Sete Muíños de Guitiriz

Por 8 Agosto, 2021Agosto 10th, 2021Sin comentarios

Un roteiro moi tranquilo onde escoitar aos paxaros e desfrutar da natureza que o rodea

En todo o Concello de Guitiriz abondan os muíños de auga por iso este municipio tamén ten a distinción xunto ao seu nome de Terra de auga e de pedra, xa que son innumerables os seus recursos patrimoniais e naturais que fan del un lugar con encanto. A auga está pola súa riqueza fluvial, destacando as súas augas  curativas, mentres que a pedra pódese atopar en gran parte do territorio. Esta última tamén viaxou máis aló dos límites de Guitiriz, sendo empregada en grandes obras.

A un quilómetro do centro urbano da vila atópase un dos lugares máis emblemáticos da provincia de Lugo e sobre todo do verán, o sendeiro coñecido como Os sete muíños, chamado así porque conta con sete muíños situados á beira dos ríos Escádebas e Forxá.

Nesta zona destaca a vexetación autóctona da ribeira e carballos de gran riqueza así como unha área recreativa que conta cunha piscina natural que leva o mesmo nome e que foi feita aproveitando o curso do río.

Este fermoso espazo tamén ten unha senda fluvial sinxela que bordea o río nun percorrido de case 9 quilómetros e que é perfecto para facer con nenos que xa camiñen, enteiro ou en tramos.

Conta con muíños de auga dende onde baixa en forma de cascada e tamén cun pequeno parque infantil e mesas para facer un  picnic.

Se se continúa andando pódese gozar dunha zona con enormes pedras cubertas de musgo, varios muíños e unha pequena fervenza.

Algúns destes muíños atópanse en desuso aínda que conservan vestixios do que foron no pasado e dos seus traballos. Están construídos con mampostería  de granito local e cubertos a dúas augas con pizarra. Este é un lugar para desfrutar todo o mundo, tanto pequenos coma grandes.

Nos Sete Muíños tamén está situada a piscina municipal climatizada con paneis solares, así pódese escoller entre darse un baño nas augas fresquiñas da piscina natural, ou nas máis quentiñas da municipal. Os máis pequenos poderán darse un chapuzón e desfrutar do bo tempo.

Este roteiro está sinalizado pero ten tramos con moito barro o que quere dicir que se choveu nos últimos días é posible que haxa bastantes dificultades para levala a cabo. E en calquera caso hai que ir con botas de montaña, tanto nenos como maiores, para evitar incidentes.

Se o roteiro faise durante o verán haberá que ter en conta as temperaturas na zona pois adoitan ser bastante elevadas, e xunto ao río hai moita humidade. É imprescindible levar auga para o camiño e, se se fai con nenos lembrar sempre levar algo para comer.