Skip to main content
Guitiriz

Adxudicadas as obras de mellora na estrada de Parga a Santalla, en Guitiriz

Por 18 Agosto, 2021Sin comentarios

A Deputación de Lugo vén de adxudicar as obras de rehabilitación da vía LU-P-2303, que comunica Parga con Santalla pasando por Pedrafita, no concello de Guitiriz. Trátase dun tramo de tres quilómetros, dende o comezo da vía ata o punto quilométrico 3,200. Os traballos teñen un orzamento de preto de 50.000€ e consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación e sinalización horizontal. O prazo de execución é de 6 meses dende o comezo das obras.

A institución provincial aumentou no Orzamento deste 2021 nun 14% as partidas para a rede viaria, ata acadar os 16M€, dentro da súa aposta por mellorar a mobilidade e a seguridade, e favorecer o reequilibrio territorial.