Skip to main content
Guitiriz

A familia de Xela Arias entregará os premios do Certame Terra Chá

Por 26 Agosto, 2021Sin comentarios

Este sabado, ás sete da tarde, van entregarse os premios do XLII Certame Terra Chá das artes da infancia e mocidade, correspondente ao Festival de Pardiñas, no que participaron máis de mil traballos das catro provincias, en video, cómic, regueifas, literatura, debuxo, etc.

Xermolos quere honrar a Xela Arias e a súa familia, partícipe en moitas das súas actividades mesmo dende a filosofía deste certame, no que se visualiza o compromiso das crianzas e as súas familias no cultivo das artes. Intervirán no acto, Amparo, a nai de Xela; o seu fillo Darío, e os seus irmáns…

Tamén o 8 de setembro, cabodano de Manuel María, Xermolos e a Irmandade Manuel María vai entregar á Xela e a súa familia a “Navalla do Manuel” en Outeiro de Rei.