Skip to main content
Guitiriz

Festa na piscina de Guitiriz como fin de programación de verán

Por 29 Agosto, 2021Sin comentarios

A piscina municipal de Guitiriz acollerá o sábado 4 de setembro unha festa de final de verán na que haberá inchables. A festa iniciarase ás 16.00 horas e rematará as 19.00 horas co obxectivo de ofrecer unha rarde divertida a todos os asistentes.

A festa seguirá o protocolo covid e terá limitación de prazas.

O Concello lembra que o horario de atención será de 15.00 a 20.00 horas durante o mes de setembro e que esta pechará a tempada o sábado 11 de setembro.