Skip to main content
Meira

O Concello de Meira convoca axudas para as agrupacións veciñais

Por 9 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Meira ten aberto o prazo de solicitude das axudas para a dotación e mellora de servizos comunitarios, prazo que remate a finais de mes.

Os beneficiarios destas axudas son asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas, de montes e asociacións de gandeiros e agricultores, todos eles legalmente constituídos e debidamente inscritos non rexistro, así como agrupacións de veciños.

Estas axudas, que teñen un importe que oscila entre os 6.000 e os 1.000 euros, cubren a mellora, adecuación do firme e sinalización de vías públicas comunais e accesos, ampliación e mellora de locais sociais, compra de equipamentos, obras de instalación de traídas, construción de depósitos de auga e acondicionamento e recuperación de espazos públicos.