Skip to main content
Muras

Muras continúa mañá coas reunións cos veciños para a análise do inventario de camiños

Por 2 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Muras continúa mañá, martes, coas reunións que se manterán cos veciños das parroquias a propósito da presentación do inventario de camiños municipais e para informar os asistentes sobre o mesmo.

A primeira cita será cos veciños e veciñas de Irixoa, que están convocados para as 11.00 horas no local da Casa do Médico. Pola tarde será a quenda dos veciños da Balsa, ás 16.00 horas no local da antiga escola parroquial.

A intención do equipo de Goberno é reunirse cos veciños de todas as parroquias do Concello, que son 8, para ir poñendo sobre a mesa as diferentes cuestións que os veciños consideren que hai que cambiar ou modificar.

O Concello xa iniciou a redacción do documento polo que o obxectivo será debater o mesmo cos veciños de cada parroquia.