Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

A Escola Movemento de Vilalba logra dúas medallas no Mundial

Por 21 Agosto, 2021Sin comentarios

A escola de danza Movemento de Vilalba rematou a súa participación no Mundial de Danza con dúas medallas, unha de prata e outra de bronce, e un cuarto posto. Foron  13 as coreografías clasificadas para o Mundial celebrado do 8 ao 19 de agosto. Todas elas obtiveron moi bos resultados, algunhas con resultados preto do podio, e por primeira vez esta escola é medallista.

A prata foi para o grupo Baby Shark e o bronce para Madre Tierra. Destacou tamén o posto da coreografía Muiñeira que acada un cuarto na categoria Sénior, categoría cun elevadísimo nivel e na que a maior parte das nenas que bailaron aínda son da Childre (dúas categorías por debaixo da súa idade porque sénior só son 3 das rapazas do grupo).

“Ata hai  4 anos España estaba representada únicamente por flamenco, foi nese intre cando decidimos levar a nosa tradición por primeira vez. Foron moi positivos os comentarios dos membros do xurado e actualmente son moitas escolas de fóra as que tentan imitar o noso folclore e se interesan por coñecelo. Vendo o êxito que ten o flamenco a nível internacional e a marca España que representa, sentimos un enorme orgullo ao ver que a nosa peza Muiñeira (homenaxe as pandereteiras) rozou  podium por unhas décimas”, explican.

O equipo de adestradores resumiu a sesión: “Foron moitos os momentos de desalento durante un curso interrompido en numerosas ocasións pola situación sanitaria e que xa viña precedido por outro partido á metade.  Por sorte a Escola de Movemento é sinónimo de ilusión. Sempre hai quen tire dos demáis nos momentos de desánimo”.