Skip to main content
Xermade

Sotavento terá en agosto actividades nas instalacións e na contorna

Por 13 Agosto, 2021Sin comentarios

O parque eólico experimental de Sotavento combinará este mes de agosto actividades nas instalacións e na contorna. Así, ofrece varias posibilidades, e o martes 17 comezará coa xornada especial centrada na vivenda bioclimática no aforro e na eficiencia enerxética.

Continuará o 19 de agosto co cicuíto de orientación, o día 25 haberá prácticas sobre os diferentes sistemas de aproveitamento solar e se o tempo o permite haberá degustación de chocolate nunha cociña solar parabólica.

O venres 27 será a ruta do vento que consistirá nunha pequena andaina entre os aeroxeradores e a visita ao interior dun. E xa por último o 30 de agosto será o día especial para os nenos cun taller relacionado coa enerxía eólica e renovables.

Para máis información haberá que chamar ao teléfono 652 808 173.