Skip to main content
Xermade

A Deputación colabora na compra dun camión contra incendios para Xermade

Por 21 Agosto, 2021Sin comentarios

A Deputación de Lugo aprobou ampliar o prazo que ten o Concello de Xermade para executar o investimento recollido nun convenio de colaboración co organismo provincial.

Na sesión común celebrada o 24 de marzo de 2021, a Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación para a subministración dun vehículo tipo autobomba rural pesada (BRP) destinado a actuar en situacións de emerxencia (incendios, seca, etc.), por importe de 72.600 euros (IVE incluído), dos cales a Deputación de Lugo achega 60.000 euros a través dun convenio asinado o 30 de decembro de 2020, e os 12.600 euros restantes son achegados polo Concello de Xermade.