Skip to main content
Xermade

Cortan a LU-170 dende o luns e durante tres meses para a súa reparación

Por 22 Agosto, 2021Agosto 23rd, 2021Sin comentarios

A Xunta de Galicia informou ao Concello de Xermade que este luns está previsto que den comezo as obras de mellora da estrada LU-170, o que obrigará a pechar ao tráfico este tramo da estrada ata que se dean por rematadas as actuacións, cuxo prazo previsto de execución é de tres meses.

A Xunta investirá nesta obra un total de 380.000 euros para centrarse no acondicionamento dun tramo de 5,5 quilómetros, dende a intersección da Pena ata Cabreiros.

Os traballos consistirán en estender unha nova capa de rodadura nos treitos que presentan mal estado, para incrementar a adherencia e reforzar a seguridade. Tamén se levará a cabo unha limpeza das cunetas e se reporá a sinalización vertical e horizontal.