Skip to main content
Uncategorized @gl

Soben os enfermos na UCI e os casos novos

Por 5 Agosto, 2021Agosto 6th, 2021Sin comentarios

Os casos activos continúan baixando este xoves grazas ás numerosas altas aínda que repuntaron os novos contaxios e a hospitalización na UCI.  Así, hoxe hai 2.171 casos activos, o que supón 41 menos que onte. Esta cifra obtense polos 124 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 166 altas.

Na xornada de onte a baixada foi de 19 casos activos, con 78 novos positivos e 94 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 16.806 casos rexistrados e 222 persoas falecidas, cinco nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria empeora na UCI e mellora en planta. Hai 35 persoas ingresadas (2 menos) nos tres hospitais. Na UCI do Hula hai xa 6, 2 máis, e nas diferentes plantas son 29 os enfermos, 4 menos; 21 están no de Lugo, 6 na Mariña (4 menos) e 2 en Monforte .

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

Así, dende o próximo sábado de madrugada,  o sistema de alerta quedará do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo, Xove e Palas de Rei.
  • No nivel medio están Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros, Cospeito, Outeiro de Rei e As Pontes

POR COMARCAS

Cifras en melloría en todas as comarcas, nas que a situación parece controlada e a baixada da curva percíbese claramente. Destacan pola contra, con brusco aumento de casos, Alfoz e Monterroso.

A Mariña

  • Viveiro ralentiza o crecemento ata 195 casos (13 menos), Burela reduce a 140 (20 menos), Foz baixa a 131 (10 menos) e Cervo a 27 (4 menos), Xove sobe a 24 (e máis); Alfoz mantense en 20 casos, en Valadouro soben a 13 (2 máis), todos en valores de alerta alta ou máxima.
  • Con incidencia preto da alerta están Ribadeo, que baixa 2 caos ata 67; Barreiros, segue con 13; Lourenzá está xa por debaixo de 10 e Mondoñedo, baixa a 14 (2 menos) e A Pontenova con menos de 10. Únese Ourol con menos de dez.
  • O Vicedo e Riotorto están xa con baixa incidencia.
  • Trabada leva xa unha semana sen casos.

Terra Chá

  • Coa incidencia controlada están Vilalba, que sobe a 54 casos (2 máis) e baixa As Pontes a 56 (3 menos).
  • Outeiro de Rei segue subindo ata 32 (5 máis) e Cospeito sobe tamén a 22 (2 máis). Teñen a incidencia alta.
  • Castro de Rei está preto da alerta con 11 casos.
  • Guitiriz, Friol,  Xermade, A Pastoriza, Begonte e Abadín teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Meira.
  • Pol e Rábade levan unha semana sen casos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen baixando. Son 658 (22 menos).
  • Monterroso baixa a 52 casos (2 menos), Palas segue con 30, A Fonsagrada resta 1 ata 18 e Negueira de Muñiz con menos de dez teñen a incidencia alta. Únese Guntín con 13 casos (2 máis)
  • Con menos de dez casos e incidencia en risco están Castroverde, Baleira, Ribeira de Piquín e Antas de Ulla (que ten 10).
  • O Corgo baixa a 10 (1 menos) e Pedrafita con menos de dez positivos teñen a incidencia baixa. Únese Portomarín.
  • Navia de Suarna, Baralla e As Nogais están sen casos na última semana.
  • Limpos de covid nos últimos quince días permanece Becerreá. Únese Cervantes.

Comarca de Sarria

  • Sarria reduce a 50 positivos (4 máis) coa incidencia preto de risco.
  • O Páramo está con valores altos pero non chega a 10 contaxiados.
  • Láncara, O Incio e Paradela están en valores baixos de incidencia.
  • Triacastela está sen casos dende hai 7 días. Únese Samos

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa a 91 casos (3 menos), en zona fóra de valores de alerta.
  • Chantada reduce de novo a 53 casos (5 menos) e tamén baixa a incidencia.
  • Quiroga segue con 16 e a incidencia alta. Únense Sober e A Pobra de Brollón con menos de 10.
  • Carballedo sobe a 12 (1 máis), O Saviñao que mantén 11 e Bóveda con 10 están con valores preto de alerta.
  • Taboada con 10 e Sober con menos teñen xa a incidencia baixa.
  • Ribas de Sil e Folgoso do Courel levan unha semana limpos.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.