Skip to main content
Uncategorized @gl

Os contaxios e a hospitalización repuntan pero as altas moderan o crecemento

Por 6 Agosto, 2021Agosto 7th, 2021Sin comentarios

Os casos activos continúan baixando este venres grazas ás numerosas altas aínda que repuntaron os novos contaxios e a hospitalización na UCI.  Así, hoxe hai 2.156 casos activos, o que supón 15 menos que onte. Esta cifra obtense polos 135 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 149 altas.

Na xornada de onte a baixada foi de 41 casos activos, con 124 novos positivos e 166 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 16.940 casos rexistrados e 222 persoas falecidas, cinco nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria segue subindo. Hai 37 persoas ingresadas (2 máis) nos tres hospitais. Na UCI do Hula continúan 6 e nas diferentes plantas son 31 os enfermos (2 más); 20 están no de Lugo (1 menos), 7 na Mariña (1 máis) e 4 en Monforte (2 máis) .

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

Así, dende o próximo sábado de madrugada, o sistema de alerta quedará do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo, Xove e Palas de Rei.
  • No nivel medio están Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros, Cospeito, Outeiro de Rei e As Pontes

POR COMARCAS

Na Mariña continúan a baixar os casos pero no resto a estabilidade ponse en perigo nos concellos onde hai unha pequeno repunte xeral, agás no sur, que mellora.

A Mariña

  • A Pontenova con menos de 10.
  • Alfoz mantense en 20 casos.
  • Barreiros sobe 2 ata 14;
  • Burela 126, 14 menos.
  • Cervo sobe a 28 (1 máis).
  • Foz: 119, 12 menos.
  • Lourenzá está xa por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, baixa a 12 (2 menos).
  • O Valadouro baixa a 12 (1 menos).
  • O Vicedo menos de 10.
  • Ourol con menos de dez.
  • Ribadeo, que baixa 5 casos ata 62.
  • Riotorto menos de 10.
  • Trabada leva xa unha semana sen casos.
  • Viveiro: 187 casos, 8 menos.
  • Xove: 26 (2 máis).

Terra Chá

  • A Pastoriza, menos de 10.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes baixa a 50 (6 menos).
  • Begonte, menos de 10.
  • Castro de Rei baixa a 10 casos.
  • Cospeito sobe tamén a 25 (3 máis).
  • Friol menos de 10.
  • Guitiriz sobe a 12.
  • Meira, menos de 10.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei segue subindo ata 36 (4 máis).
  • Pol unha semana sen casos.
  • Rábade, menos de 10.
  • Vilalba, que sobe a 56 casos (2 máis).
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, menos de 10 casos.
  • O Incio, menos de 10 casos.
  • O Páramo, menos de 10 casos.
  • Paradela, menos de 10 casos.
  • Samos. Sen casos en unha semana.
  • Sarria reduce a 49 positivos (1 menos).
  • Triacastela está sen casos dende hai 15 días.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada sobe 1 ata 19.
  • Antas de Ulla segue con 10.
  • As Nogais está sen casos na última semana.
  • Baralla, sen casos na última semana.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, sen casos na última semana.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, sen casos nos últimos quince días.
  • Guntín segue con 13 casos.
  • Lugo seguen baixando. Son 653 (5 menos).
  • Monterroso baixa a 46 casos (6 menos).
  • Navia de Suarna, sen casos na última semana.
  • Negueira de Muñiz con menos de dez.
  • O Corgo sobe a 12 (2 máis).
  • Palas segue con 30.
  • Pedrafita,  menos de 10 positivos.
  • Portomarín, con menos de 10 casos.
  • Ribeira de Piquín, con menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa a 78 casos (13 menos).
  • Chantada reduce a 49 casos (4 menos).
  • Quiroga segue con 16.
  • Sober, menos de 10.
  • A Pobra de Brollón sobe a 12.
  • Carballedo baixa a 10 (2 menos).
  • O Saviñao que sobe a 12 (1 máis) .
  • Bóveda segue con 10.
  • Taboada ten 12 (2 máis).
  • Pantón, menos de 10.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Folgoso do Courel leva unha semana limpo.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.