Skip to main content
Uncategorized @gl

Lixeiro repunte de casos só nalgúns concellos malia as altas

Por 7 Agosto, 2021Sin comentarios

Os casos activos continúan baixando este sábado grazas ás altas e baixaron os novos contaxios e subiu a hospitalización na UCI.  Así, hoxe hai 2.114 casos activos, o que supón 42 menos que onte. Esta cifra obtense polos 125 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 168 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.067 casos rexistrados e 223 persoas falecidas, seis nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria segue subindo. Hai 38 persoas ingresadas (1 máis) nos tres hospitais. Na UCI do Hula continúan 6 e nas diferentes plantas son 38 os enfermos (6 más); 25 están no de Lugo (5 máis), 8 na Mariña (1 máis), 4 en Monforte (os mesmos) e 1 no Polusa.

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

Así, dende o próximo sábado de madrugada, o sistema de alerta quedará do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo, Xove e Palas de Rei.
  • No nivel medio están Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros, Cospeito, Outeiro de Rei e As Pontes

POR COMARCAS

En todas as comarcas a tendencia segue a ser á baixa na que destaca a brusca baixada de Monterroso, malia os pequenos repuntes de Burela, Vilalba, Lugo e Monforte.

A Mariña

  • A Pontenova con menos de 10.
  • Alfoz sobe a 22 casos.
  • Barreiros baixa a 13.
  • Burela 117, 9 menos.
  • Cervo baixa a 24 (4 máis).
  • Foz 109 casos, 10 menos.
  • Lourenzá está xa por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, sobe 1 caso ata 13.
  • O Valadouro baixa a 11 (1 menos).
  • O Vicedo menos de 10.
  • Ourol con menos de dez.
  • Ribadeo, sobe 1 casos ata 63.
  • Riotorto menos de 10.
  • Trabada leva xa unha semana sen casos.
  • Viveiro: 171 casos, 16 menos.
  • Xove: mantense en 26 casos.

Terra Chá

  • A Pastoriza, menos de 10.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes baixa a 39 (11 menos).
  • Begonte, menos de 10.
  • Castro de Rei sobe a 13 casos.
  • Cospeito baixa 1 ata 24.
  • Friol menos de 10.
  • Guitiriz sobe a 13.
  • Meira, sobe a 11.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei segue subindo ata 37 (1 máis).
  • Pol unha semana sen casos.
  • Rábade, menos de 10.
  • Vilalba, que sobe a 61 casos (5 máis).
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, menos de 10 casos.
  • O Incio, menos de 10 casos.
  • O Páramo, menos de 10 casos.
  • Paradela, menos de 10 casos.
  • Samos. Sen casos en unha semana.
  • Sarria sobe a 51 positivos (2 máis).
  • Triacastela está sen casos dende hai 15 días.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada baixa 2 ata 17.
  • Antas de Ulla menos de 10.
  • As Nogais está sen casos na última semana.
  • Baralla, sen casos os últimos quince días.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con 10 casos.
  • Cervantes, sen casos nos últimos quince días.
  • Guntín baixa a 11 casos.
  • Lugo seguen baixando. Son 648 (5 menos).
  • Monterroso baixa a 33 casos (13 menos).
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz con menos de 10.
  • O Corgo sobe a 13 (1 máis).
  • Palas segue con 30.
  • Pedrafita,  menos de 10 positivos.
  • Portomarín, con menos de 10 casos.
  • Ribeira de Piquín, con menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa a 76 casos (2 menos).
  • Chantada reduce a 46 casos (3 menos).
  • Quiroga segue con 16.
  • Sober, menos de 10.
  • A Pobra de Brollón sobe a 18.
  • Carballedo menos de 10 casos.
  • O Saviñao baixa a 10 (2 menos) .
  • Bóveda segue con 10.
  • Taboada sobe a 16 (4 máis).
  • Pantón, menos de 10.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Folgoso do Courel leva unha semana limpo.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.