Skip to main content
Uncategorized @gl

101 casos activos menos malia o pequeno repunte na hospitalización

Por 9 Agosto, 2021Sin comentarios

Os casos activos continúan baixando este luns grazas ás altas e que baixaron os novos contaxios, aínda que subiu a hospitalización na UCI.  Así, hoxe hai 1.914 casos activos, o que supón 101 menos que onte. Esta cifra obtense polos 74 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 175 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.230 casos rexistrados e 223 persoas falecidas, seis nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria segue subindo. Hai 37 persoas ingresadas (3 máis) nos catro hospitais. Na UCI do Hula continúan 8 e nas diferentes plantas son 37 os enfermos (4 máis); 26 están no de Lugo (3 máis), 6 na Mariña (os mesmos), 4 en Monforte (os mesmos) e 1 no Polusa (o mesmo).

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta queda do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo, Xove e Palas de Rei.
  • No nivel medio están Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros, Cospeito, Outeiro de Rei e As Pontes

POR COMARCAS

Aínda que subiu a hospitalización a tendencia á baixa de casos segue un día máis, así pode verse en todas as comarcas nas que destaca a de Sarria que segue manténdose igual que estes días. Na Mariña tamén destaca a baixada nos catro grandes concellos como son Burela, Foz, Ribadeo e Viveiro, así como en Lugo e Monterroso.

A Mariña

  • A Pontenova con menos de 10.
  • Alfoz sobe 1 máis ata 24 casos.
  • Barreiros baixa a 12.
  • Burela 91, 18 menos que onte.
  • Cervo baixa a 21, 2 casos menos.
  • Foz 76 casos, 7 casos menos.
  • Lourenzá leva unha semana sen casos.
  • Mondoñedo, sobe 1 caso ata 13.
  • O Valadouro baixa a 14 (1 menos).
  • O Vicedo menos de 10.
  • Ourol con menos de dez.
  • Ribadeo, baixa aos 43 casos, 3menos.
  • Riotorto menos de 10.
  • Trabada sen casos en quince días.
  • Viveiro: 142 casos, 13 menos.
  • Xove: sobe 1 caso ata 27 casos.

Terra Chá

  • A Pastoriza, menos de 10.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes baixa a 30 (3 menos).
  • Begonte, menos de 10.
  • Castro de Rei segue en 16 casos.
  • Cospeito sobe 2 casos ata 25.
  • Friol menos de 10.
  • Guitiriz baixa a 16.
  • Meira, segue en 11.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei segue en 36.
  • Pol sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Rábade, menos de 10.
  • Vilalba, que baixa a 54 casos (2 menos).
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, menos de 10 casos.
  • O Incio, menos de 10 casos.
  • O Páramo, menos de 10 casos.
  • Paradela, menos de 10 casos.
  • Samos sen casos nunha semana.
  • Sarria mántense en 51 positivos.
  • Triacastela está sen casos dende hai 15 días.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada mántense en 17.
  • Antas de Ulla menos de 10.
  • As Nogais está sen casos na última semana.
  • Baralla, sen casos os últimos quince días.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con 10 casos.
  • Cervantes, sen casos nos últimos quince días.
  • Guntín segue con 10 casos.
  • Lugo seguen baixando. Son 623 (20 menos).
  • Monterroso baixa a 22 casos (9 menos).
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz sen casos na última semana.
  • O Corgo baixa 4 casos ata 10.
  • Palas baixa a 29.
  • Pedrafita, sen casos na última semana.
  • Portomarín, con menos de 10 casos.
  • Ribeira de Piquín, sen novos casos nunha semana.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe 1 caso ata 74.
  • Chantada sobe 2 casos a 41..
  • Quiroga segue en 15.
  • Sober, menos de 10.
  • A Pobra de Brollón segue con 16.
  • Carballedo menos de 10 casos.
  • O Saviñao menos de 10 casos.
  • Bóveda menos de 10 casos.
  • Taboada segue en 14 casos.
  • Pantón, sen novos casos nunha semana.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Folgoso do Courel leva unha semana limpo.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.