Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos seguen baixando o que dá un pequeno respiro a toda a provincia

Por 10 Agosto, 2021Agosto 11th, 2021Sin comentarios

Os casos activos continúan baixando este martes grazas ás altas e que baixaron os novos contaxios, aínda que subiu a hospitalización en planta e baixou na UCI.  Así, hoxe hai 1.834 casos activos, o que supón 80 menos que onte. Esta cifra obtense polos 73 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 151 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.301 casos rexistrados e 223 persoas falecidas, seis nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria segue subindo. Hai 46 persoas ingresadas (1 máis) nos catro hospitais. Na UCI do Hula hai 7 e nas diferentes plantas son 39 os enfermos (2 máis); 23 están no de Lugo (3 menos), 9 na Mariña (3 máis), 6 en Monforte (2 máis) e 1 no Polusa (o mesmo).

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta queda do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo, Xove e Palas de Rei.
  • No nivel medio están Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros, Cospeito, Outeiro de Rei e As Pontes

POR COMARCAS

Aínda que subiu a hospitalización a provincia segue un día máis amosando a baixada de casos, excepto nalgúns concellos da Mariña e da comarca da Ribeira Sacra que incrementaron a súa incidencia.

A Mariña

  • A Pontenova con menos de 10.
  • Alfoz segue en 24 casos.
  • Barreiros segue en 12.
  • Burela 88, 3 menos que onte.
  • Cervo baixa a 18, 3 casos menos.
  • Foz 71 casos, 5 casos menos.
  • Lourenzá leva unha semana sen casos.
  • Mondoñedo, sobe 1 caso ata 14.
  • O Valadouro baixa a 13, 1 menos.
  • O Vicedo menos de 10.
  • Ourol con menos de dez.
  • Ribadeo, sobe 4 casos ata 47..
  • Riotorto menos de 10.
  • Trabada sen casos en quince días.
  • Viveiro: 136 casos, 6 menos.
  • Xove: baixa 1 caso ata 26 casos.

Terra Chá

  • A Pastoriza, menos de 10.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes baixa a 27, 3 menos.
  • Begonte, menos de 10.
  • Castro de Rei segue en 16 casos.
  • Cospeito sobe 2 casos ata 27.
  • Friol menos de 10.
  • Guitiriz segue en 16.
  • Meira, baixa a 10.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei segue en 36.
  • Pol sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Rábade, menos de 10.
  • Vilalba, que baixa a 50 casos, 4 menos.
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, menos de 10 casos.
  • O Incio, menos de 10 casos.
  • O Páramo, menos de 10 casos.
  • Paradela, menos de 10 casos.
  • Samos sen casos nunha semana.
  • Sarria baixa 2 casos ata 49.
  • Triacastela está sen casos dende hai 15 días.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada baixa a 16.
  • Antas de Ulla menos de 10.
  • As Nogais está sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla, con menos de 10 casos.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, sen casos nos últimos quince días.
  • Guntín con menos de 10 casos.
  • Lugo seguen baixando. Son 604 (19 menos).
  • Monterroso baixa a 20 casos (2 menos).
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz sen casos na última semana.
  • O Corgo con menos de 10 casos.
  • Palas baixa a 24, 5 menos.
  • Pedrafita, sen casos na última semana.
  • Portomarín, con menos de 10 casos.
  • Ribeira de Piquín, sen novos casos nunha semana.

Ribeira Sacra

  • Monforte segue en 74.
  • Chantada segue en 41.
  • Quiroga baixa a 14, 1 menos.
  • Sober, sobe 1 caso ata 11.
  • A Pobra de Brollón sobe a 18, 2 máis.
  • Carballedo menos de 10 casos.
  • O Saviñao 10 casos.
  • Bóveda menos de 10 casos.
  • Taboada baixa a 12.
  • Pantón, sen novos casos nunha semana.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Folgoso do Courel sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.