Skip to main content
Uncategorized @gl

Un día máis segue o descenso de casos, nesta ocasión 82 menos

Por 12 Agosto, 2021Agosto 13th, 2021Sin comentarios

Os casos activos continúan baixando este xoves grazas ás altas e que baixaron os novos contaxios, tamén baixou a hospitalización en planta e na UCI.  Así, hoxe hai 1.676 casos activos, o que supón 82 menos que onte. Esta cifra obtense polos 66 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 147 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.434 casos rexistrados e 225 persoas falecidas, oito nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria baixou. Hai 41 persoas ingresadas (4 menos) nos catro hospitais. Na UCI do Hula hai 7 e nas diferentes plantas son 34 os enfermos (3 menos); 23 están no de Lugo (2 máis), 4 na Mariña (5 menos), 6 en Monforte (os mesmos) e 1 no Polusa (o mesmo).

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta vixente modificarase as 00.00 horas do vindeiro sábado 14 de agosto, sendo o actual como se explica a continuación:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo, Xove e Palas de Rei.
  • No nivel medio están Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros, Cospeito, Outeiro de Rei e As Pontes

POR COMARCAS

Segue un día máis o descenso de casos activos en toda a provincia no que destacan Burela, que baixou 22 casos, e Lugo, 38. Malia esta baixada é importante mencionar o pequeno repunte en Ribadeo, As Pontes, Sarria e Monforte.

A Mariña

  • A Pontenova con menos de 10.
  • Alfoz baixa 3 casos ata 18.
  • Barreiros baixa 1 ata 10.
  • Burela 59, 22 menos que onte.
  • Cervo baixa 1 ata 17.
  • Foz 56 casos, 6 casos menos.
  • Lourenzá leva unha semana sen casos.
  • Mondoñedo, con 10 casos.
  • O Valadouro segue en13.
  • O Vicedo menos de 10.
  • Ourol con menos de dez.
  • Ribadeo, sobe 4 ata 49.
  • Riotorto sen casos na última semana.
  • Trabada menos de 10 casos.
  • Viveiro: 115 casos, 11 menos.
  • Xove: baixa 2 casos ata 23 casos.

Terra Chá

  • A Pastoriza, menos de 10.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes sobe 2 casos ata 30.
  • Begonte, menos de 10.
  • Castro de Rei baixa 2 casos ata 14.
  • Cospeito baixa 1 caso ata 26.
  • Friol menos de 10.
  • Guitiriz sobe 1 ata 17.
  • Meira, segue en 11.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei baixa 2 ata 31.
  • Pol sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Rábade, menos de 10.
  • Vilalba, baixa 2 casos ata 51.
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, menos de 10 casos.
  • O Incio, menos de 10 casos.
  • O Páramo, sen casos nunha semana.
  • Paradela, menos de 10 casos.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria sobe 2 casos ata 49.
  • Triacastela está sen casos dende hai 15 días.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada baixa 2 casos ata 16.
  • Antas de Ulla sen casos na última semana.
  • As Nogais sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla, con menos de 10 casos.
  • Baleira, sen casos na última semana.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín con menos de 10 casos.
  • Lugo baixa 38 casos ata os 538.
  • Monterroso segue en 18 casos.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz sen casos na última semana.
  • O Corgo con 10 casos.
  • Palas baixa 1 casos ata 19.
  • Pedrafita, sen casos na última semana.
  • Portomarín, con menos de 10 casos.
  • Ribeira de Piquín, sen novos casos nunha semana.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe 6 ata 78.
  • Chantada baixa 4 ata 31 casos.
  • Quiroga segue en 14
  • Sober, segue en 11.
  • A Pobra de Brollón segue en 20 casos.
  • Carballedo menos de 10 casos.
  • O Saviñao menos de 10 casos.
  • Bóveda menos de 10 casos.
  • Taboada segue en 12.
  • Pantón, sen novos casos nunha semana.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Folgoso do Courel sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.