Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos baixan en máis de 100

Por 16 Agosto, 2021Agosto 17th, 2021Sin comentarios

Os casos activos continúan baixando este luns grazas ás altas e que baixaron os novos contaxios e subiu a hospitalización na planta e mantense na UCI. Así, hoxe hai 1.361 casos activos, o que supón 114 menos que onte. Esta cifra obtense polos 50 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 164 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.676 casos rexistrados e 225 persoas falecidas, oito nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria subiu. Hai 41 persoas ingresadas (2 máis) nos catro hospitais. Na UCI do Hula hai 7 e nas diferentes plantas son 34 os enfermos (2 máis); 25 están no de Lugo (2 máis), 4 na Mariña (1 máis), 4 en Monforte (1 menos) e 1 no Polusa (o mesmo).

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta, que está establecido en 3 niveis, explícase a continuación:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei,
  • No nivel medio: Cervo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Vilalba e As Pontes.

POR COMARCAS

Na xornada de hoxe baixan os casos activos (114 menos) en toda a provincia malia os pequenos repuntes. Destacan as baixadas de Lugo (20 casos), Foz e Viveiro (10 casos cada un), e Cospeito e Ribadeo (5 casos cada un).

A Mariña

  • A Pontenova, con menos de 10.
  • Alfoz, sobe 1 casos ata 20.
  • Barreiros, segue en 14.
  • Burela, 34, 4 menos que onte.
  • Cervo, baixa 1 ata 10 casos.
  • Foz, 29 casos, 10 casos menos.
  • Lourenzá, leva quince días sen casos.
  • Mondoñedo, con 10 casos.
  • O Valadouro, baixa 2 casos ata 11.
  • O Vicedo, con menos de dez.
  • Ourol, con menos de dez.
  • Ribadeo, baixa 5 ata 49.
  • Riotorto, con menos de dez.
  • Trabada, menos de 10 casos.
  • Viveiro, 86 casos, 10 menos.
  • Xove, baixa 1 caso ata 11 casos.

Terra Chá

  • A Pastoriza, menos de 10.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes, baixa 3 ata 24.
  • Begonte, con 10 casos.
  • Castro de Rei, segue en 14.
  • Cospeito, baixa 5 casos ata 15.
  • Friol, sen casos nunha semana.
  • Guitiriz, segue en 18 casos.
  • Meira, con menos de 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, baixa 1 casos ata 27.
  • Pol, menos de 10.
  • Rábade, con 10 casos.
  • Vilalba, segue en 43.
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, sobe 1 casos ata 11 casos.
  • O Incio, menos de 10 casos.
  • O Páramo, sen casos nunha semana.
  • Paradela, sen casos nunha semana.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria, baixa 1 ata 52 casos.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, baixa 1 caso ata 12.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla, con menos de 10 casos.
  • Baleira, sen casos na última semana.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos na última semana.
  • Lugo, baixa 20 casos ata os 410.
  • Monterroso, baixa 3 casos ata 15.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, con menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, con menos de 10 casos.
  • Pedrafita, con menos de 10 casos.
  • Portomarín, sen novos casos nunha semana.
  • Ribeira de Piquín, sen novos casos en quince días.

Ribeira Sacra

  • Monforte, sobe 1 ata 68 casos.
  • Chantada, sobe 2 ata 29 casos.
  • Quiroga, menos de 10 casos.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • A Pobra de Brollón, sobe 1 casos ata 22.
  • Carballedo, menos de 10 casos.
  • O Saviñao, menos de 10 casos.
  • Bóveda, sen novos casos nunha semana.
  • Taboada, segue en 11 casos.
  • Pantón, sen novos casos en quince días.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Folgoso do Courel, sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.