Skip to main content
Uncategorized @gl

Menos casos activos e máis contaxios que onte marcan a xornada de hoxe

Por 17 Agosto, 2021Agosto 18th, 2021Sin comentarios

Os casos activos continúan baixando aínda que máis lentamente este martes grazas ás altas e que baixaron os novos contaxios e subiu a hospitalización na planta e mantense na UCI. Así, hoxe hai 1.331 casos activos, o que supón 31 menos que onte. Esta cifra obtense polos 72 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 104 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.799 casos rexistrados e 225 persoas falecidas, oito nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria baixou. Hai 38 persoas ingresadas (3 menos) nos catro hospitais. Na UCI do Hula hai 8 e nas diferentes plantas son 30 os enfermos (4 menos); 22 están no de Lugo (3 menos), 3 na Mariña (1 menos), 4 en Monforte (os mesmos) e 1 no Polusa (o mesmo).

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta, que está establecido en 3 niveis, explícase a continuación:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei,
  • No nivel medio: Cervo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Vilalba e As Pontes.

POR COMARCAS

Hoxe volven baixar os casos activos aínda que máis lentamente, 31 menos, onde destacan a baixada de Lugo en 15 casos, Alfoz 10, Viveiro con 6, e Burela, Foz e Sarria con 5 casos cada un. Tamén hai pequenos repuntes na zona da Chaira como en Rábade e Castro de Rei.

A Mariña

  • A Pontenova, con menos de 10.
  • Alfoz, baixa 10 casos ata 10.
  • Barreiros, sobe 1 ata 15.
  • Burela, 29, 5 menos que onte.
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz, 24 casos, 5 casos menos.
  • Lourenzá, leva quince días sen casos.
  • Mondoñedo, sobe 1 ata os 11 casos.
  • O Valadouro, segue en 11 casos.
  • O Vicedo, con menos de dez.
  • Ourol, con menos de dez.
  • Ribadeo, baixa 1 ata 48.
  • Riotorto, con menos de dez.
  • Trabada, menos de 10 casos.
  • Viveiro, 80 casos, 6 menos.
  • Xove, sen casos na última semana.

Terra Chá

  • A Pastoriza, menos de 10.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes, baixa 2 ata 22.
  • Begonte, sobe 1 ata 11 casos.
  • Castro de Rei, sobe 3 ata 17.
  • Cospeito, segue en 15.
  • Friol, sen casos nunha semana.
  • Guitiriz, baixa 2 ata 16 casos.
  • Meira, con menos de 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, baixa 3 casos ata 24.
  • Pol, menos de 10.
  • Rábade, sobe 3 ata 13.
  • Vilalba, baixa 1 ata 42.
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, con 10 casos.
  • O Incio, menos de 10 casos.
  • O Páramo, menos de 10 casos.
  • Paradela, sen casos nunha semana.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria, baixa 5 ata 47 casos.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, segue en 12.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla, con menos de 10 casos.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos na última semana.
  • Lugo, baixa 15 casos ata os 395.
  • Monterroso, baixa 2 casos ata 13.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, con menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, sen casos na última semana.
  • Pedrafita, con menos de 10 casos.
  • Portomarín, sen novos casos nunha semana.
  • Ribeira de Piquín, sen novos casos en quince días.

Ribeira Sacra

  • Monforte, baixa 3 ata 65 casos.
  • Chantada, segue en 29 casos.
  • Quiroga, menos de 10 casos.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • A Pobra de Brollón, segue en 22.
  • Carballedo, menos de 10 casos.
  • O Saviñao, menos de 10 casos.
  • Bóveda, sen novos casos nunha semana.
  • Taboada, segue en 11 casos.
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Folgoso do Courel, sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo non se poderá servir nos interiores dos locais de hostalaría e ocio nocturno.

Nas de nivel alto, o aforo será do 30% en interior e do 50% no exterior e o ocio nocturno interior permanecerá pechado e unicamente terán servizo nas terrazas ao aire libre, para o consumo e o servizo sentado na mesa, co 50% da capacidade máxima permitida.

No nivel medio a limitación no interior e na terraza será do 50%, e no ocio nocturno será de 30% no interior e do 50% no exterior.

Por último, no nivel medio-baixo a restrición no interior será de 50% e na terraza ao aire libre do 100%. No ocio nocturno será de 30% no interior e do 50% no exterior.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.