Skip to main content
Uncategorized @gl

Dous novos falecidos e pequeno repunte de casos activos e contaxios

Por 18 Agosto, 2021Sin comentarios

A covid experimenta de novo un pico de subida trala baixada consecutiva das últimas xornadas. Así, hoxe hai 1344 casos activos, 14 máis, cunha subida de 100 novos positivos e 82 altas. Onte a baixada foi de 31 casos, con 72 novos enfermos e 104 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.897 casos rexistrados e 227 persoas falecidas, dez nesta quinta vaga. Son dúas máis que a xornada anterior, en concreto dúas mulleres de 92 e 83 anos que faleceron o pasado sábado no Hula.

A presión hospitalaria descende lixeiramente. Hai 37 persoas ingresadas (1 menos) en catro hospitais. Na UCI do Hula hai 7 (1 menos) e nas diferentes plantas son 30 os enfermos; 22 están no de Lugo, 3 na Mariña, 4 en Monforte e 1 no Polusa.

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta, que está establecido en 3 niveis, queda do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei.
  • No nivel medio: Cervo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Vilalba e As Pontes.

POR COMARCAS

Poucos movementos destacados nos concellos, onde Lugo rompe a tendencia xeral cun importante aumento debido a un gromo nas Gándaras.

A Mariña

  • A Pontenova, con menos de 10.
  • Alfoz segue con 10.
  • Barreiros mantén 15.
  • Burela, 22, 7 menos que onte.
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz, 18 casos, 6 casos menos.
  • Lourenzá, leva quince días sen casos.
  • Mondoñedo reduce 1 ata os 10 casos.
  • O Valadouro reduce a 10 (1 menos).
  • O Vicedo, con menos de dez.
  • Ourol, con menos de dez.
  • Ribadeo baixa 5 ata 48.
  • Riotorto, con menos de dez.
  • Trabada, menos de 10 casos.
  • Viveiro, 74 casos, 6 menos.
  • Xove, menos de 10.

Terra Chá

  • A Pastoriza sobe ata os 10 casos.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes baixa 2 ata 20.
  • Begonte sobe 2 ata 13 casos.
  • Castro de Rei mantén 17.
  • Cospeito sobe 1 ata 16.
  • Friol, sen casos nunha semana.
  • Guitiriz mantén 16.
  • Meira, con menos de 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei sobe 2 casos ata 26.
  • Pol, menos de 10.
  • Rábade, sobe 2 máis ata 15.
  • Vilalba mantense en 42.
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, xa esta por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, menos de 10 casos.
  • O Páramo, menos de 10 casos.
  • Paradela, sen casos nunha semana.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria sobe 1 ata 48 casos.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, baixa 2 ata 120.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla, con menos de 10 casos.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos na última semana.
  • Lugo sobe 31 polo gromo das Gándaras ata 426.
  • Monterroso mantén 13.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, con menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, sen casos na última semana.
  • Pedrafita, con menos de 10 casos.
  • Portomarín, sen novos casos nunha semana.
  • Ribeira de Piquín, sen novos casos en quince días.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón segue en 22.
  • Bóveda, sen novos casos nunha semana.
  • Carballedo, menos de 10 casos.
  • Chantada sobe a 32 (3 máis).
  • Folgoso do Courel, sen casos en quince días.
  • Monforte baixa 3 ata 62 casos.
  • O Saviñao, menos de 10 casos.
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga, menos de 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada baixa 1, ata 10 casos.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo non se poderá servir nos interiores dos locais de hostalaría e ocio nocturno.

Nas de nivel alto, o aforo será do 30% en interior e do 50% no exterior e o ocio nocturno interior permanecerá pechado e unicamente terán servizo nas terrazas ao aire libre, para o consumo e o servizo sentado na mesa, co 50% da capacidade máxima permitida.

No nivel medio a limitación no interior e na terraza será do 50%, e no ocio nocturno será de 30% no interior e do 50% no exterior.

Por último, no nivel medio-baixo a restrición no interior será de 50% e na terraza ao aire libre do 100%. No ocio nocturno será de 30% no interior e do 50% no exterior.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.